Margondis

Idioma gallego

Sistema de xestión integral de recursos

Este sistema de xestión é unha aplicación orientada á planificación do traballo da empresa, incorporando a información sobre os procesos de traballo para cubrir as distintas necesidades da empresa, automatizar a extracción de datos e crear un punto de traballo común para toda a empresa, tomando en conta a información de clientes- provedores- traballadores.

Xestión de Clientes e Provedores

Rexistro dos datos principais de clientes e provedores, así como a forma de contacto. Esto permite á empresa a mellora da comunicación e do servizo, permitindo reducir os tempos de resposta de atención coa incorporación da tecnoloxía B2B que permita neste caso o acceso a información sobre os servizos contratados.

Xestión de Persoal

Rexístranse os datos personais do traballador e asócianse a un posto de traballo.O sistema de fichaxes preséntase como unha zona de traballo principal onde se rexistran todas as tarefas realizadas polo personal da empresa sobre un proxecto, de forma periódica (diaria/semanal/mensual)

Xestión comercial

Adminístranse as accións dende a a creación dunha oferta con prezos de artigos/servizos e control do seu stock ata a emisión dunha factura, pasando por tódalas fases do proceso para completar a xestión comercial, incluindo: ofertas, pedidos, albaráns e facturas. Extraese a información para impresión ou en formatos de texto ou táboas. Realízanse cadernos contables para remesas de facturas e xera o ficheiro para proporcionar ao banco. E tamén, que se poida levar o control dunha oferta, ata que chega a factura, xerando movementos contables nos clientes/provedores da aplicación.

Informes

Esta aplicación permite extraer información útil para a empresa a modo de informes: partes de incidencias, partes de operativa diaria ou medicións atmosféricas.